miércoles, 10 de abril de 2019

Plan de recuperación do traballo?

Sobre o plan de recuperación ademáis do que xa vos  informamos a semana pasada enterámonos, non pola Direccion Xeral, que a cantidade total que a Xunta vai a destinar a esta nova fase é definitivamente de 300.000 euros. Un plan tardío e con unha  cantidade ridícula que evidencia o electoralismo político-sindical da medida, e que non vai a solucionar o problema e por ao día o traballo atrasado.

Con esta cantidade difícilmente pode chegar, nas condicions do último plan, a tódolos Xulgados, Fiscalias e demais Oficinas Xudiciais, xa que facendo a media do que se paga a hora para os tres Corpos  daría para retribuir arredor de 638 persoas a razón de  20 horas para cada unha.

Descoñecemos as condicións concretas, xa que a primeira idea da Xunta e que este plan se desenrole pasada a Semana Santa e durante o mes de maio, e  diséñalo coas aportacións dos fiscais, dos xuices e dos letrados, tamén se está manexando a posibilidade de executalo ao mesmo tempo que se realice o plan de reforzo que atañe a xuices e letrados, se non se retrasase moito, e que está a espera de que se aprobe polo Consello e o Ministerio. 

Por suposto que toda está información non a coñecemos por estar na Comisión de Seguemento de ese pésimo pacto, que de sobra se sabe que nos non asinamos. E non o asinamos porque para eso tiñamos que practicar a clase de sindicalismo que desde sempre combatimos, o sindicalismo das subvencións, do caciquismo, de pagar débedas a Adminstración, das reunións as agachadas, da deslealtade e do engano, un sindicalismo domesticado a base de cartos e de cargos. 

Non entendemos porque se molestan algúns dos sindicatos asinantes coas nosas informacións, e non se molestan coa Xunta, e máis en concreto coa Dirección Xeral  de Xustiza, polo “ninguneo” a que os somete desde un principio na elaboración dos plans, pois e evidente que non contan para nada con eles, e nin siquera nada lles contan. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.