jueves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. STAJ POLA IGUALDADE E CONTRA TODA DISCRIMINACIÓN


 DIA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO 2019

Un ano máis, o día 8 de Marzo, alzaremos a voz en conmemoración do Día Internacional da Muller, sairemos ás rúas para seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva, unha igualdade que non lograremos se continuamos mirando cara ao lado equivocado, se nos empeñamos en diferenciarnos polo noso xénero, en lugar de por os nosos méritos, que son os mesmos para mulleres que para homes, nin mellores nin peores: IGUAIS.

Seguimos inmersos nunha sociedade que continua facendo gala de micromachismos estereotipados, que son claros exemplos de discriminación, débiles e imperceptibles, mensaxes subliminares que se nos escapan cada día, de forma involuntaria, e que teñen como protagonistas tanto a homes como a mulleres, xa que son obxecto da nosa educación e reflíctense na nosa propia linguaxe.

Por iso, a loita no camiño cara á igualdade, non debe relegarse ao día 8 de Marzo, senón que debe ir máis aló e estar presente cada día, desde a educación primaria, a familia, incluso os medios de comunicación, reivindicando a igualdade, para que ser muller non sexa un obstáculo no logro de éxitos profesionais, para que todas as mulleres sexan tratadas sen prexuízos, para que teñan a liberdade de elixir o seu destino sen renuncias inxustificadas, para que a condición de ser muller non impida a ningunha delas, lograr os seus soños, para que non exista o medo, para que poidan defenderse e ser defendidas ante a violencia de calquera tipo, e ante a inxustiza, con absoluta igualdade, liberdade e seguridade.

Unha vez máis insistimos en que a loita non está reservada ás mulleres, senón que debemos estendela ao conxunto de cidadáns, sen distinción de xénero, aos Gobernos, Institucións e Administracións Públicas, para que podamos pensar en igualdade, construíndo un futuro dirixido ao cambio, onde a igualdade sexa eixo transversal de todas as políticas públicas, adoptando medidas que favorezan a conciliación, que permita ser nai sen renunciar a nada, porque a maternidade segue sendo o “teito de cristal” que debemos eliminar para que non exista brecha salarial, para que o coidado dos fillos ou dos nosos maiores ou a realización de tarefas domésticas, deixe de ter nome de muller, para facer políticas novas, orientadas a fomentar esa igualdade que postulamos e pola que imos seguir loitando.

Neste camiño cara á toma de conciencia que supón pensar en igualdade, desde STAJ, como organización autónoma e independente, que defende, con exclusividade, os dereitos e intereses do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, continuaremos fomentando a conciliación familiar real, sen repercusións económicas para a muller, por ser quen xeralmente fai uso dos devanditos mecanismos, seguiremos esixindo plans de igualdade específicos, potenciando a formación en materia de violencia de xénero, enfrontándonos a todo tipo de discriminación, acoso ou violencia contra a muller polo mero feito de selo, e esixindo a adopción de todas as medidas que sexan necesarias para que a igualdade, sexa unha realidade no ámbito da Administración de Xustiza.

Para combater a discriminación da muller non fai falta ser muller, fai falta ser valente, e por iso, desde STAJ, seguiremos loitando polas reivindicacións deste día internacional da muller, reclamando a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, como símbolo do noso compromiso. Nese senso secundaremos os paros e participaremos nas mobilizacións convocadas.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.