Desde principios deste ano os dous Xulgados do Social existentes na
localidade de Ferrol, están a
recibir multitude de demandas a repartir entre ambos os xulgados laborais,
debido ao recorte de beneficios que tiñan os traballadores de Endesa, e que
se viron diminuídos notablemente como consecuencia do cambio de Convenio
Colectivo. Estes recortes afectan directamente os traballadores con
contratos anteriores a 2018. É dicir, o prexuízo é tanto para traballadores en
activo de Endesa como para os pasivos (xubilacións), orfos e viúvas.
Nun só día, cada Xulgado do social
de Ferrol está a recibir a cantidade de 35-40 demandas novas aproximadamente
relacionadas con esta reclamación de Endesa. Cada demanda leva carrexada a parte
do demandante, 15 demandados diferentes a notificar, cada un co correspondente
decreto/auto. Todo isto sen esquecer o correo que se xera coa entrada de tal
número de asuntos.
Estímase que entren unhas 5000 novas
reclamacións novas
por este motivo. Tras entrevistarnos coa Letradas da Administración de Xustiza
dos devanditos órganos xudiciais, maniféstannos que a situación é insustentable
día a día e que aínda hai pendente en decanato de rexistrar 16 caixas deste
tipo de demandas, contendo cada caixa unhas 15 demandas, ademais das que se
vaian presentando, dado que o colectivo afectado é incontable.
O persoal de ambos os xulgados
sociais é do todo insuficiente para poder atender a ese número desorbitado de
asuntos novos, xa que non soamente limítanse a coñecer destes novos asuntos,
seguen tendo demandas propias de calquera Xulgado do Social.
Por todo o anteriormente exposto, o
sindicato STAJ solicita que de forma
urxente e inmediata autorícense prolongacións de xornada para todo o
persoal de forma parte dos Xulgados do Social nº 1 e nº 2 de Ferrol
de forma rotatoria para poder facer fronte á gran avalancha de demandas que
se prevén, e así poder asumir esta carga de traballo adicional.
Ver escrito presentado
Ver escrito presentado
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.