O Ministerio informounos que interpreta que, para a promoción interna, o requisito de antigüidade de dous anos no corpo desde o que se promociona, refírese ao de tempo de servizos efectivos desde a toma de posesión no devandito corpo.
Para STAJ, esta interpretación é errónea, por varios motivos:
En primeiro lugar, porque o Regulamento establece nítidamente no seu artigo 33 que o requisito é a "antigüidade" como funcionario de carreira, e non o tempo de servizos efectivos.
En segundo lugar, porque esta cuestión xa foi suficientemente resolta pola xurisprudencia, que estableceu que, para os efectos do artigo 33 do Regulamento, a data da antigüidade computable "non ha de referirse á toma de posesión do posto de traballo, senón que tal antigüidade débese computar desde a data de nomeamento como funcionarios."
STAJ dirixiuse xa ao Ministerio facéndolle ver que está nun erro, e proceda á corrección das bases neste sentido.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.