No mes de febreiro prevese a publicación no BOE e no DOG da resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da administración de xustiza.
O ano pasado, ditouse esta instrución con respecto aos deses e tomas de posesión:
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación.
Isto implicaba que as persoas que obtiñan o destino noutra provincia, debían desprazarse á delegación da provincia de orixe para cesar e desprazarse á delegación da provincia de destino para tomar posesión, co trastorno que iso supón para o persoal.
Contamos con un certificado electrónico profesional que nos identifica como funcionarios/as de xustiza e que nos habilita para firmar e validar calquera documento persoal e profesional sexa da índole que sexa.
Ademáis tendo en conta que a Dirección Xeral de Xustiza é un órgano centralizado, a organización nestas actuacións debería tratarse dese xeito; e dicir, debe hacer coordinación e cohesión nestas actuacións para evitar desprazamentos innecesarios aos funcionarios/as.
Ante a solicitude insistente que nos trasladan os compañeiros e compañeiras participantes neste concurso de traslados,
SOLICITAMOS:
- Que se permita o cese telemático cando haxa cambio de provincia no destino definitivo outorgado no concurso de traslados.
- No seu defecto, que na delegación provincial de destino se firmen ámbalas dúas cousas (o cese e o destino) aínda que o persoal proceda doutra provincia galega.
- Se a Dirección Xeral non atende esta solicitude, que habiliten un modelo de abono de gastos de desprazamento para o traslado de cada funcionario/a co fin de firmar o cese e a toma de posesión na delegación correspondente.
Solicitude telemática
Xustificante de presentación
Solicitude telemática
Xustificante de presentación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.