miércoles, 30 de enero de 2019

Nómina de xaneiro: a Xunta queda a deber o plan de recuperación a centos de traballadores/as.

A Xunta deixa sen pagar o plan de recuperación a centos de funcionarios/as, despois de que no mes pasado lle pagase solo a unha parte dos/as que fixeron as horas extras ao mesmo tempo .

Unha vez máis a Xunta sorprendenos cunha decisión que discrimina a unha parte dos traballadores/as que realizaron o plan no mes de decembro, uns/unhas cobraron xa o dia 28 de ese mesmo mes e outros/as seguen sen cobrar despois de que onte chegasen as nóminas do mes de xaneiro e non se recolla o pago de esas horas extras.

Postos en contactos coas habilitacións nos dicen que eses cantidades ainda estan sen firmar pola intervención e que non saben o motivo, que tamén descoñecen neste momento si se pagarán na nomina de febreiro ou en nómina aparte nos próximos días.

Por certo, da continuidade do plan de recuperación seguimos sen saber nada, si vai o non continuar, si vai ser para todos ou solo para algúns xulgados, canto vai durar, etc....e estamos a dous días de febreiro.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.