Na tarde de onte STAJ e resto de sindicatos mais representativos a nivel nacional fomos convocados a reunión
urxente no Ministerio na que, dada á presión sindical sobre Ministerio e
Partidos Políticos, e a resposta e esforzo de todos os funcionarios a nivel
nacional, logramos que o Grupo Parlamentario Socialista no Senado finalmente
presente emenda para lograr a eliminación da reforma dos Centros de destino no
art. 521 da LOPX e a mobilidade forzosa.
Neste momento, xa nos
consta a presentación desa emenda, aínda que, repetimos, refirese
exclusivamente ao artigo 521.
Pola súa banda, desde STAJ e resto de sindicatos, logramos que o
Grupo Parlamentario Unidos Podemos e o Grupo Mixto presenten tamén emendas, que
recollen as pretensións que STAJ
trasladoulles fai dez días e que podes consultar nas nosas páxinas web, entre
as que se inclúen, ademais da relativa ao artigo 521 sobre os centros de destino,
a correspondente á eliminación da prohibición de prórroga dos reforzos máis de
seis meses, ou o nomeamento de persoal para cubrir ausencias sexan de titulares
ou de interinos.
Igualmente, introdúcense
emendas relativas á recuperación da reserva do 50 por cento na promoción
interna, e relativas a carreira profesional. Do mesmo xeito, introdúcense
emendas para eliminar definitivamente da Lei Orgánica os recortes salariais en
situacións de IT.
Pero aínda non terminou a
loita. O PP ten maioría absoluta no Senado e o seu Grupo non presentou ningunha
emenda relativa a estas cuestións, polo que desde STAJ seguimos presionando para lograr que
apoie as emendas presentadas polo resto de Grupos políticos.
Coa acción reivindicativa
e co apoio de todos os funcionarios estamos a lograr frear esta brutal agresión
ás nosas condicións laborais. Celebramos que algúns partidos modificasen a súa
postura inicial favorable á reforma.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.