lunes, 8 de octubre de 2018

O Supremo declara que as prestacións por maternidade non deben pagar IRPF


O Tribunal Supremo ha declarado exentas do pago de IRPF ás prestacións por maternidade percibidas da Seguridade Social, ratificando unha sentenza anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ( TSJM) de 2017 e en contra do criterio que ata agora mantivo a Axencia Tributaria. O Supremo estableceu como doutrina legal que "as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas". 

Quen a pode reclamar?

A sentenza ten carácter retroactivo pero cun límite temporal. Desta forma, todas as persoas que gozasen de baixas de maternidade desde 2014 poden solicitar a devolución do que pagaron por IRPF nas súas prestacións, as anteriores quedan prescritas. Isto significa que se poden reclamar as declaracións da Renda de 2014, 2015, 2016 e 2017.

A partir de agora, a Axencia Tributaria "tomará en consideración" o criterio establecido polo Supremo polo que declara exentas do pago de IRPF as prestacións de maternidade, na resolución de reclamacións.

Ademais, a Seguridade Social xa anunciou que deixará de reter o IRPF nas prestacións de maternidade que comecen a tramitarse desde o momento no que lles sexa notificada a sentenza do Tribunal Supremo.

Como se reclama?

O procedemento para solicitar esta devolución pasa por presentar un escrito de solicitude de rectificación de autoliquidación e devolución de ingresos indebidos do exercicio en que se percibiu a prestación.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.