O pasado dia 26 de xullo STAJ presenou
preaviso para promover eleccións na provincia de Pontevedra, xa que as
celebradas no ano 2015 foron anulados por sentenza firme ao considerar o
xulgado que os Letrados/as non debían figurar non censo e por tanto non podían
ser elexibles nin electores.
Ao unísono SPJ-USO, UGT, CSIF, CCOO e a
Dirección Xeral de Xustiza impugnan ese preaviso ao considerar que é nulo por:
- Falta
de representación e lexitimidade de STAJ para promover eleccións.
- Por
non transcurrir os 4 anos do mandato anterior.
-
Por ser validados eses
resultados pola Xunta en base a un acordo sindical.
O día 17 de agosto celebrouse o vista do
correspondente Laudo Arbitral e o árbitro deixa claro os seguintes puntos, en
consonancia co exposto por STAJ:
- As
eleccións do ano 2015 non son válidas están anuladas, oficialmente non
existiron.
- O
acordo dos sindicatos non ten validez xurídica, tratase dunha materia de orde
público e non poden os acordos vulnerar o que dispón a lei.
- A Oficina
Publica de Rexistro (OPR) que é a única que pode validar os resultados
electorais, non os validou nin o pode facer, e non lle deu validez tampouco ao
acordo sindical, de ahí que os resultados da provincia de Pontevedra non
existan.
- Queda claro no Laudo
que STAJ sí ten capacidade, representación e lexitimidade para promover
eleccións (a pesares de non contar cos resultados do 2105), pois no ano 2011
tiñamos representación superior ao 10% na unidade electoral, e a nivel do Estado contamos con máis do 20% de
representación.
Con respeto ao preaviso electoral que presentamos, dacordo coa nosa
petición subsidiaria e a dalgún outro sindicato, o Laudo ANULA o mesmo, pois
considera que o proceso electoral do ano 2015 non esta pechado e por tanto o
preaviso que serviu para iniciar aquel proceso está en vigor e debe servir para
reiniciar as eleccións no punto que a sentenza as anula, do censo electoral que
debe excluirse aos Letrados/as. En
definitiva no é preciso un novo preaviso, para o que STAJ esta lexitimado, se
non que o preciso e seguir o proceso electoral do 2015 que está inconcluso e
vivo.
Por suposto que en consonancia co dictado no Laudo, STAJ remitiu
escrito a Xefatura Territorial da Delegacion de Xustiza en Vigo para que
reinicie de inmediato o proceso electoral no punto de reunir a Mesa
Coordinadora e remitir novo censo excluíndo ao Letrados/as, como ordena a
sentenza, e partires de ahí desenrolar todo o proceso ata as eleccións.
Pedímoslle unha vez máis a Dirección Xeral de Xustiza e ao resto de
organizacións sindicais, que non sigan poñendo obstáculos para alongar no tempo
á repetición das eleccións que, por outro lado vemos inevitable xa que, tal
como dictamina o Laudo, nin co transcurso de mandato se salvarían unhas
eleccións anuladas por sentenza e non se podería iniciar un proceso novo, nin
agora nin nunca, porque o preaviso e por tanto, o proceso do 2015 siguen en
vigor e deben concluirse.
A repetición das elección ademáis de restaurar a legalidade, non perxudica a ninguén de vos nin os intereses do colectivo, e dende STAJ faremos todo o posible, todo, para que retomen e se concluan as elección de 2015. Seguimos apostando por darvos a palabra e poñer na vosa man a posibilidade de decidir sobre o acontecido.
ver escrito presentado
ver laudo arbitral
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.
ver laudo arbitral
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.