martes, 11 de septiembre de 2018

CANDO DEIXARÁ A DIRECCION XERAL DE ESTAR DE "BRAZOS CAIDOS"?


O próximo 23 de setembro termina formalmente o verán e leva consigo moitos días de calor insoportable para os funcionarios/as da Xustiza de Galicia, cuxas condicións de confort térmico non teñen nada que ver coa imaxe que inicia este comentario. Soportamos como "jabatos" todas e cada unha das "ondas de calor" coa que a natureza nos obsequiou na tempada que agora remata, sen ningún medio de protección. Os representantes da Dirección Xeral de Xustiza pronto comezarán a colapsar as clínicas de rehabilitación para aliviar os seus tremendos ataques de Torticullis de mirar a otro lado.

E así continuamos, en mans dunha Dirección Xeral, diminuída nas súas competencias para cumprir esas funcións para as que foi creada. Incluso os seus representantes non poden manter un comportamento "políticamente correcto" coa "totalidade" dos funcionarios/as da Xustiza porque son "ninguneados" pola Consellería da que dependen ou porque se manteñen na teima de continuar  sin  facer NADA, polo que:

  • NON INFORMAN das decisións que afecten os funcionarios de xustiza e que sexan adoptadas noutros ámbitos (Por ex. no seo do Comité intercentros ou da propia Conselleria).
  • Non convocan mesas sectoriais (solicitadas por STAJ , a última solicitude data do 11 de xullo) para seguir traballando en asuntos pendentes dende hai MOITO TEMPO (Por ex. Orde de interinos, substitucións, horario e xornada laboral, comisións de servizos....)

Non convocan ao COMITE DE SEGURIDADE E SAUDE LABORAL (peticións reiteradas de STAJ de convocatoria do mesmo) porque estas cuestións impórtanlles ben pouco ou mais ben nada xa que só afectan os funcionarios/as de xustiza.

Realmente.... para que traballar en todo o anterior?. Se os seus "escasos" recursos estan centrados en dous obxectivos:
  1. implementar "ao seu aire" o acordo ilexitimamente alcanzado en Xustiza .
  2.  seguir abrindo expedientes disciplinarios.

Todo o demais ou se trata noutros ámbitos da administración (arriba indicados) ou en mesas denominadas "estamos a partir un piñon cos nosos sindicatos favoritos" e sempre dispostos a non afear o noso deleznable comportamento. (Evidentemente STAJ non está por esa labor).

Se este deixamento de funcións por parte da Dirección Xeral e a falta de "operatividade" da mesma ocorrese no ámbito da empresa privada xa estarían sometidos a algunha auditoría para deixar ben claro onde se destínan os recursos que lle foron asignados, pois.....
  • onde están por ex. os repousapés que hai dous anos prometeron enviar aos traballadores (segundo consta en Acta de Constitución do Comite).
  • e o cambio de cadeiras que segundo o Director Xeral xa estaba orzado?
  • e a realización de todas as medidas a que se refire o "Plan de acción" que se adxunta ás avaliacións de riscos ata agora realizadas?.
  • e a adopción de medidas no Rexistro Civil de Santiago para corrixir a falta de luminosidade nas súas dependencias?etc, etc....


Nada de nada! se algo se fixo en prevención de riscos foi debido ás multiples denuncias realizadas ante a Inspección de Traballo por STAJ. Esa Dirección Xeral parece realizar un curso chamado de "EXPERTIZACION NO INCUMPRIMENTO DA LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS" e, tras os bos resultados, parece que tenta conseguir o Doutoramento en " PERCEPCION DO SEUS SALARIOS SEN PRESTACION DE SERVIZOS".

E isto é o que hai! e por desgraza temos os traballadores/as da Xustiza Galega na Dirección Xeral, un muro reforzado con cemento armado de ineptitude, desidia, bilis pola mala dixestión producida por diversas reivindicacións laborais que se traduce en inquina e represión cara aos traballadores/as de Xustiza. Eso sí, sempre nos atoparan a nós de fronte.


DESDE STAJ TRABALLAMOS VIXANDO A SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO PORQUE A NOSA PRIORIDADE ERES TI!!!