Retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración
de xustiza en Galicia
1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 8/2017, do 26 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano
2018, os funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que
desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de
Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei de orzamentos xerais
do Estado para o ano 2018 e na restante normativa que lles sexa de aplicación.
2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións
establecidas na Lei de orzamentos xerais do Estado para 2018, así como as
contías dos complementos recoñecidos en virtude de normativa específica.
3. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo
da Administración de xustiza que non figuren incluídos no referido anexo, pero
que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, experimentarán un
incremento do 1,5 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2017.
Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2017 alcanzase ou superase o 3,1 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 % de incremento salarial. Este incremento será de aplicación unha vez que se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado as comunidades autónomas.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.