As
OEP de 2017 e 2018 acumularanse nunha soa convocatoria
Onte
12 de xullo tivo lugar a reunión de mesa sectorial entre o Ministerio de
Xustiza e as organizacións sindicais representativas de ámbito nacional, tal
como anunciaramos.
Resumimos
a continuación o máis destacado desta reunión:
1) Acumulación das ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018.
(incluídos o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza Á espera de
confirmación oficial da distribución de prazas por corpos e ámbitos os números
totais da acumulación son:
Quenda libre 5.902 prazas. (máis 40 adicionais 5% reposición
Lei Presupostos)
Promoción
interna 1.228 prazas ( máis 5 adicionais reposición Lei Presupostos)
2) O sistema de acceso nas ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018
e 2019 serán polo sistema de concurso-oposición.
As datas que facilita moi provisionalmente o Ministerio
serian: convocatorias de promoción interna non antes de finais de novembro ou
principios de decembro e convocatorias quenda libre non antes de febreiro 2019.
3)
Con respecto á promoción interna quérese
revisar a fondo a mesma. Ver de que maneira pódese mellorar tanto na forma como
no número de prazas. (Acabar así coa limitación do 30% a que vén fixado na LOPJ).
Aínda que nos informan que a mesma non poderá levar efecto nesta convocatoria
acumulada por cuestión de urxencia no calendario. STAJ insistiu en que as
prazas de taxa de reposición, así como un número equivalente ao de prazas de
nova creación, poden ofertarse na súa integridade a promoción interna, co cal
se recuperaría de facto a oferta do 50 por cento para a promoción interna.
Para ese efecto acordouse
a creación dun grupo de traballo entre as organizacións sindicais
representativas e o Ministerio de Xustiza para determinar como se vai a
desenvolver.
4) Ademais, é preciso
revisar a composición dos tribunais calificadores, facelos máis
eficientes, etc., xa que co sistema actual sería do todo imposible levar a cabo
unha convocatoria deste alcance.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.