lunes, 23 de julio de 2018

Concurso de traslados 2018. A aplicación AINOA: acceso, confeción e presentación das solicitudes

Ao igual que o ano pasado todas as solicitudes do concurso vanse ter que realizar a través do asistente de inscrición, vía web. Non se admiten as feitas a man.

Orde JUS 779/2018, do 6 de xullo, do Ministerio de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, publicada  no BOE e no DOG do 23 de xullo do 2018, establece que "tódolos funcionarios/as que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando no portal do Ministerio de Xustiza, e unha vez dentro establécese unha tramitación guiada e sinxela mediante o asistente  AINOA.

Hai que seguir 3 pasos: 

1. ACCESO AO PROGRAMA: 



Ou ben, 
  • A través da páxina web: www.mjusticia.gob.es (CIDADÁNS → Emprego público → Concursos de traslados → CONCURSO DE TRASLADOS ORDINARIO XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO 2018. Unha vez que se accede á devandita páxina,  pulsa na ligazón que aparece na mesma co nome “G.T.A. Concurso de traslados”.



2. CONFECIÓN DA SOLICITUDE

O sistema guiarate na confección da solicitude seguindo as instrucións que se irán indicando. 

Primeiro introdúcese o DNI  e despois de premer en Validar (automáticamente se van cargar nomes e apelidos) e por último Seguir. Dete xeito vaise avanzando no proceso guiado polo programa informático. Seguramente non vai estar operativo ata as primeiras horas da mañá do martes día 24 de xullo que é cando empeza e prazo para a confección e presentación das solicitudes.




Con iso conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, xa que os datos gravados pola persoa que concursa quedarán automáticamente almacenados no sistema informático.

O número máximo de prazas a solicitar, tanto vacantes como a resultas,  é de 200  e pódense pedir as vacantes e as resultas na orde que máis interese.

A confeción da solicitude faise en borrador e pode gardarse e modificarse cantas veces se queira. O impreso definitivo é o que hai que imprimir para presentar. 

IMPORTANTE: a confeción das solicitudes non vincula  á persoa solicitante ata que non se presente físicamente o impreso definitivo.

3. PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE (do 24 de xullo ao 14 de agosto)

Os/as concursantes deberán presentar o modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, xa que o borrador non ten validez algunha.

A presentación realizarase polo sistema ordinario, dacordo co especificado nos puntos 1 ao 7 da presente Base. Só se pode presentar unha instancia por persoa e só para un Corpo, ben no que esté en activo, ben no que se atope en excedencia. De presentarse dúas instancias para dous corpos distintos, as instancias anularíanse e o/a participante quedaría  excluído/a do concurso.

Non serán admitidas aquelas solicitudes que non se confeccionaron  telemáticamente condevandito asistente de inscrición.

As solicitudes das persoas  que prestan servizos efectivos en Galicia ou teñan reserva de praza en Galicia e concursen para o mesmo Corpo (modelo V-1),  deben dirixirse a: 

Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, 
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiagode Compostela

Se algunha persoa solicitante quixese modificar unha solicitude xa presentada e confirmada, pode facelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, prazo no que  poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente, debendo presentala segundo os puntos 1 a 7 desta Base aludidos anteriormente, é dicir en correos, no rexistro das subdelegacións, nos rexistros da Xunta de Galicia,  servizos de  xustiza, etc.

Considerarase válida a solicitude que teña o selo do rexistro de entrada dentro do prazo con data posterior, quedando anulada, por tanto, a solicitude que teña estampado o selo do rexistro de entrada con data anterior.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.