miércoles, 20 de junio de 2018

STAJ solicita que no concurso de traslado os cesamentos e tomas de posesión se poidan facer por vía telemática

Cada ano que hai un concurso de traslados a DXX resolve, con respeto o persoal que obtivo praza no concurso de traslado en Galicia, que tanto os cesamentos como as tomas de posesión se realicen na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino; o que implica o desprazamento do funcionari@ á localidade sede da xefatura ou delegación territorial correspondente, desprazamento, que no caso do persoal que obtivo destino en distinta provincia dentro da Comunidade Autónoma de Galicia,  é dobre, un para o cesamento e outro para a toma de posesión.

Desprazamentos que na maioria dos casos supoñen moitos quilómetros de percorrido e un gasto en desprazamentos, (sexan billetes de tren ou de bus, ou en gasolina ou peaxes). Cremos que nos tempos que corren e cos medios que temos (fax, mail, escáner, OPAX, etc) a presencia física do funcionari@ para os cesamentos e tomas de posesión non  ten razón  de ser, e supón un gasto evitable e unha molestia innecesaria para o persoal, así como perda de horas de traballo.

Polo tanto STAJ ven de presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral  de Xustiza, co fin de que o concurso deste ano rectifique  e tanto a os cesamentos coma tomas de posesión poidanse facer sen necesidade de persoarse na Delegación correspondente, e para o caso de que non sexa posible, cremos obrigado que se indemnice, mediante dietas de desprazamento, a tódol@s funcionarios que obtiveron destino neste concurso pagando o billete ou o quilometraxe e as peaxes xustificadas, por tratarse dunha obriga imposta e innecesaria.

Ver o escrito


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.