jueves, 28 de junio de 2018

Aclaracións sobre a paga extra de 2018.

Onte pola tarde chegaron as nóminas aos correos electronicos.

Por suposto que chegaron os descontos dos días de folga de maio para aqueles que fixéstedes  folga nese mes, e os descontos na paga extraordinaria=sueldo e trienios, contía adicional e paga adicional (estes tres conceptos integran o que lle chamamos a paga extra).Nas pagas extras non se cobra   CAT, Complemento do Posto nin Productividade

Primeiro pagan a mensualidade de xuño completa, nela contémplase a subida mensual do CAT, pero non  a todos/as os atrasos do mes de maio, como anunciou onte mesmo un sindicato asinante do Acordo, polo que quedan a debernos a moitos a subida de maio. 

Despois pagan a PAGA EXTRA diminuida en proporcion aos días de folga que se fixeron, prorrateados entre 182 dias (do 1 de decembro ao 30 de xuño). Nesta paga entra por un lado o SOLDO e os TRIENIOS, por outro a CONTÍA ADICIONAL  que supón distintas cantidades por Corpos (Xestión 372 euros, Tramitación 349 e Auxilio 282) a esto debémoslle sumar a PAGA ADICIONAL COMPLEMENTARIA que supón estas cantidades por Corpos ( Xestión 407, Tramitación 355 e Auxilio 332). 

Despois aplican os descontos aos que fixéstedes algún día de folga no mes de maio.

O lío gordo ven pola famosa cláusula 9 do Acordo (ratear os descontos que non se fixeran ata final de ano) que lle deberían aplicar a quen non pediu que non se lle ratease os descontos pendentes, pero incluso, polo que sabemos,  tamén se lle aplicou este  rateo a algúns que pediron que non lle fixeran tal cousa. Estes compañeiros/as cobran mais que na nómina de decembro, na que non houbo desconto algún,  en vez de repartirlle o desconto en varios meses, resulta que lles ingresan CANTIDADES demáis, non sabemos neste momento o motivo, sexa cal sexa, supoñemos que despois llo irán quitando, son moitos afectados, non é un erro. 
Parece cousa de tolos. Xa vos contaremos a explicación que nos dan, se a teñen.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.