viernes, 11 de mayo de 2018

Adaptación que NON desconvocatoria

Queremos aclara-la situación na que nos encontramos dende o martes 8 de maio, día no que se reuniu o Comité de Folga en Ourense, reunión a que asistiron os sindicatos SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ e CIG, despois de que as organización sindicais CSIF, UGT e CCOO reixeitasen acudir, facendo unha vez máis gala da súa irresponsabilidade para con todos/as vos.

Nesa reunión NON se acordou a desconvocatoria da folga e por tanto a folga segue viva, polo menos os seus efectos, que creemos seguen mantendo a presión sobre a Xunta para que se reuna co Comité e se alcance un Acordo que remate co conflito canto antes.

A Xunta nesta situación non pode vender o remate do conflicto, o traballo non se está a recuperar, seguen obligados a nombrar a case 750 persoas de servizos mínimos e o Comité de Folga segue vixente sendo o único competente para acordar a desconvocatoria e para negociar o posible Acordo.

Con esta presión, a coste cero no ámbito económico, queremos que a Xunta nos chame canto antes para negociar a mellora da oferta que xa foi rechazada na votación do pasado dia 27 de abril. Esta mellora é posible, pois están xa moi cerca as posicións  duns e  doutros, e é necesaria para que o acordo sexa aceptado, esa vontade  se expresou polo colectivo nas votacións rechazando o preacordo que se lles presentou por catro sindicatos.

Na situación actual a negociación non se pode levar nunha Mesa Sectorial, pois ao estar a Folga en vigor solo pode negociarse co Comité de Folga, dio a Lei, teña os membros que teña, e solo o Comité pode desconvocala por maioria, acordo que debe ser notificado a Xunta para ter efectos legais, cousa que non se produxo.

Ainda que a Xunta sabe todo isto, leva días desacreditando ao Comité como órgano de negociación e como órgano de representación en caso de Folga, apoiada por tres Sindicatos, CSIF, UGT e CCOO, que solo están pendentes de cumprir cos compromisos oscuros  que teñen coa Xunta, deixando de lado o compromiso e a lealdade que deben oas funcionarios/as, nese sentido en vez de traballar por mellorar a oferta da Xunta, traballan en axudarlle a que non melloren unha coma da oferta que non foi avalada polo colectivo. Non vaia ser que ese Preacordo non fose o mellor do mundo, como venderon, e máis vendo como noutros territorios alcanzaron acordos económicos que superan ese preacordo e sen ningún día de folga. As melloras que seguimos a reclamar son perfectamente asumibles pola Xunta de Galicía, non é certo que sean ilegais, xa forón postas en practica noutros territorios, pero como sempre o goberno galego négase a aplicalas ou asumilas, tamén os outros sindicatos terán que explicar porque se desentenden delas e non traballan para alcanzalas.

Na situación actual podemos facer folga cando nos interese, estando protexidos pola súa NON desconvocatoria. Tamén cando sexamos nomeados de servizos mínimos podemos facer só os servizos mínimos correspondentes sen que ninguén nos poida obrigar a outra cousa.