viernes, 11 de mayo de 2018

Os medios informan da posible convocatoria de mesa sectorial para a semana que vén

Como noutras ocasións fixo, a Xunta de Galicia informa antes os medios de comunicación que aos propios traballadores das intencións e convocatorias que pretenden activar. Novamente no día de hoxe os medios de comunicación chámannos para comunicarnos que a Xunta pretende convocarnos a mesa sectorial para a resolución final do conflito na xustiza galega.

A convocatoria a mesa sectorial supoñería unha clara e grave vulneración da lexislación vixente e reguladora do dereito de folga (Real Decreto-Lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo) que dispón no artígo 8 que "Desde o momento do preaviso e durante a folga, o comité de folga e o empresario, e no seu caso os representantes designados polos distintos comités de folga e polos empresarios afectados, deberán negociar para chegar a un acordo,....".

Por tanto se a Xunta quere poñer fin ao conflito e facelo de forma legal debe convocar ao Comité de Folga, único interlocutor válido mentres a folga estea convocada, con independencia de que algún membro decidise abandonalo.
Deixamos algunhas ligazóns das últimas noticias