jueves, 24 de mayo de 2018

Outra burda manipulación.


Hoxe determinados sindicatos, difundiron wasaps,  respeto dun Acordo  asinado por STAJ e outros sindicatos en Valencia.
Por suposto que en Valencia STAJ asinou un Acordo que supón máis de 120 euros ao mes para os funcionarios/as de esa Comunidade Autónoma, non é o primeiro que asinamos nin  será o último se as condicións dese posible Acordo son ventaxosa para o colectivo, e se consegue en circunstacias de negociación real e efectiva, baseandose na boa fe e na lealtade que os sindicatos lles deben aos seus representados, sen engaños nin manipulacións.
Asinar Acordos non é malo en sí mesmo, o malo e asinar Acordos pouco ventaxosos, as agachadas e tirando a baixa as pretensións dos seus representados, sen maioria sindical e Acordos aos que o colectivo lles dixo non.
En Valencia STAJ asinou un acordo en Mesa sectorial coa maioria sindical, catro sindicatos  asinaron e  un non, en Valencia non houbo negociacións por detrás do resto de Sindicatos e dos propios traballadores/as, en Valencia conseguiuse tanto como aquí sen un día de folga, en Valencia a unidade sindical foi real e sólida, en Valencia negociouse no foro legal porque no houbo folga e por tanto no era o Comité con quen se debía negociar.
Si agora determinados sindicatos queren excusar a súa deslealtade e a negociación paralela e a baixa (o que toda a vida se chamou venderse, para entendernos) no feito de que asinamos Acordos noutros territorios, denota falta de razons e fundamentos para defender aquelo que asinaron, e por suposto unha falta moi grande de intelixencia nos que pretenden tal cousa, ou o que é peor, con esas afirmacións están a consideran que os traballadores e traballadores da Xustiza en Galicia non teñen criterio propio, nada máis lonxe da realidade, se non ao tempo.