lunes, 21 de mayo de 2018

De simple Declaración do Parlamento a " Mandato Parlamentar"

Cando empezamos a reclamarlle á Xunta unha subida do CAT, a finais de setembro do ano pasado, ningún dos sete sindicatos estabamos a pensar que nos colocasen nun posto dentro da taboa de territorios que con competencia en materia de Xustiza teñen ese Complemento.

A nosa idea, e a de todos, sempre foi conseguir unha subida lineal que supuxese unha cantidade superior os 200 euros, eso tiña fundamento na diferencia que nos leva o País Vasco, mais de 450 de media, e na mellora conseguida en Asturias 163 euros sen apenas mobilizacións, neses primeiros momentos ninguén pensou nun posto senón nunha cantidade, deixásenos no posto que fose.

Xa entrados no mes de decembro, e despois de entrevistarnos cos Grupos Parlamentarios da Oposición, dámoslle as grazas por todo o que nos apoiaron tanto no Parlamento como nos Concellos e nas Diputacións, o PP negouse a recibirnos, o Grupo Parlamentario Socialista presenta unha moción despois dunha interpelación a Rueda. Esa moción presentada, non se podía aprobar sen o voto favorable do PP que conta coa maioría absoluta no Parlamento, e non houbo máis remedio que negociar con eles. A moción aprobase o 19 de decembro por unanimidade, pero para que o Partido Popular votase a favor tivose que reformar o texto inicial, e con respeto ao CAT quedou como segue:

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a atender ás reclamacións dos sindicatos con representación entre o persoal de Xustiza de Galicia, abrindo un período de diálogo permanente, nos seguintes termos:

1º) Mellorando as retribucións dos traballadores da Administración de Xustiza coa media do resto de Comunidades Autónomas, especialmente no complemento autonómico transitorio.

Realmente o Partido Popular meteunos o primeiro gol no texto desta Moción, pero en si mesma esta Moción non era máis que unha Resolución do Parlamento de apoio as nosas reivindicacións e o mesmo tempo instaba á Xunta a solucionar o conflito. Nin era necesaria nin moito menos vinculante. Como temíamos  faltoulle tempo a Rueda e Cia. para agarrarse a ese Acordo e facer desa mera declaración do Parlamento o teito das nosas reivindicacións. O peor non foi eso, senón o que tamen determinados Sindicatos, non fai falta poñer as súas siglas, sí eses que estades pensando, fixeron o propio a renglón seguido da Xunta, e entonando a mesma cantinala empezaron uns detrás dos outros a falar de cumprir o “Acordo Parlamentar” como si esa declaración do Parlamento fose unha Lei que obrigase aos Sindicatos e ao Executivo galego limitando a uns para dar e a outros, o Comité de Folga, para pedir. A propia web do Parlamento de Galicia describe así a transcendencia destas resolucións:

Os textos aprobados constitúen resolucións do Parlamento, mediante as cales este manifesta unha opinión, unha vontade, insta a facer determinadas actuacións ou lle dá o seu apoio a alguén. Estas resolucións non obrigan xuridicamente o Executivo, aínda que, baixo o punto de vista político, si ten importancia o seu incumprimento ante a opinión pública.

Como coa denominación de “Acordo Parlamentar” non se daba a entender a obrigación de ter que cumprilo, a Xunta empeza a falar de “Mandato Parlamentar” intentando desta maneira facernos crer que  estaban limitados por esa Resolución e non podían salirse dela e por outro lado avisando aos Sindicatos que a petición das cantidades do CAT estaban vulnerando ese mandato do Parlamento.

Pero outra vez o peor ven cando determinadas organizacións sindicais aceptan esa Declaración do Parlamento como límite máximo para reivinidicar a suba do CAT e empezan a chamarlle tamén “ Mandato Parlamentar”, multitude de declaracións de sindicalistas destas formacións feitas na radio, nos xornais e mesmo nas reunións de negociación coa Xunta así o acreditan. Hai uns días escoitamos a mesma canción na boca da Xunta e de varios representantes sindicais intentando describir o Acordo coa Xunta como un Acordo que cumple co “Mandato Parlamentar”, non hai máis que pedir e a Xunta xa nos diu todo o posible, ou queredes que imcumpla a orde do Parlamento, viñan a decir uns e outros.

Como sabedes o Parlamento non é quen negocia, nin esa Resolución que aprobou obriga á Xunta nin aos Sindicatos, é unha mera recomendación ou suxerencia e un mensaxe de apoio as nosas reivindicacións, non é unha Lei e por suposto nunca debeu tomarse como obriga para marcar o teito reivindicativo nin para xustificar as bondades dun mal pacto por moito que cumpla con esa simple manifestación parlamentar.