lunes, 2 de febrero de 2026

Xestión procesual. Concurso específico dunha praza en Ferrol

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca para a provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.


Ver DOG



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras