A nosa historia reivindicativa pasou, pasa e seguirá pasando polo tenaz convencemento de que non podemos abandonar o camiño que iniciamos guiados por un palpitante son de todas as vontades de centos de compañeiros que apoiaron incondicionalmente un único obxectivo: " Non á discriminación laboral na Xustiza Galega".
O cansazo de tan longa loita non implica que esta vaia ser abandonada e, a debilidade que agora se nos presume tampouco implica o desmembramento daquela fe compartida por todos os funcionarios da xustiza galega que saímos á rúa reclamando ben alto polos nosos dereitos.
A intensidade das nosas mobilizacións permanecerán no mesmo lugar que ocuparon aquel día en que todos decidimos espertar da pasividade en que nos tiña sumida e da situación marxinal na que desde sempre nos colocou esta administración.
Xa van 88 dias de folga e, cada un deles tivo a súa especial repercusión nos diferentes medios de comunicación, e como non podía ser menos, hoxe tamén reflectimos algunhas das noticias que pretenden cos seus diferentes estilos, contar a nosa actualidade.

- Europa Presss
- Faro de Vigo
- La Vanguardia
- El Ideal Gallego