Publicáronse novos avisos de desocupación de postos que
se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data
do 9 de abril de 2018.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa
cobertura en substitución vertical ou horizontal.
De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal
funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo
activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia
a tramitación das substitucións verticais, e
dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados
na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de
traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme o anexo II bis dispoñible nos modelos do
correspondente apartado dedicado ás substitucións entre titulares. No caso de
que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en
conta, de lle corresponder máis dunha das prazas, será a recollida na
solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse
no documento Avisos de desocupación