sábado, 14 de abril de 2018

O COMITÉ DE FOLGA INFORMA

Ante os feitos acontecidos nesta semana (reunión Congreso de Deputados, petición de mediación do Ministro, negativa da Xunta a Negociar, expulsión do Comité de Folga de San Caetano) o Comité de Folga realizará asambleas en todas as cidades (salvo Santiago de Compostela que xa se fixo), para explicar todo o acontecido, a posición do Comité e as accións a realizar de cara á semana que ven.

ASAMBLEAS

LUNS 16
A CORUÑA (10 HORAS)
FERROL (13 HORAS)

MARTES 17
OURENSE (10 HORAS)
LUGO (13 HORAS)

MÉRCORES 18
VIGO (10 HORAS)
PONTEVEDRA (13 HORAS)

Tamén convocaremos unha mesa de operadores xurídicos sobre o conflito da Xustiza e as súas repercusións.