sábado, 28 de abril de 2018

HONRADEZ E DIGNIDADE

RESULTADO DA CONSULTA


SI

NON

NULOS

BRANCOS

TOTAL

746


836

12

20

1613

Honradez e dignidade son dúas das palabras que máis se oíron onte mentres se procedía á votación por parte dos Funcionarios de Xustiza para validar ou rexeitar o preacordo pactado entre a Xunta de Galicia e os sindicatos SPJ-USO, UXT, CSIF e CCOO.

O resultado é claro, por maioría acordouse rexeitar dita proposta que estaba viciada desde o seu inicio, debido a que foi froito de negociacións ás agachadas dos traballadores e do resto do Comité de Folga. Os votantes non validaron este sistema de negociación e pediron un preacordo leal, honrado, digno e negociado de forma legal, o que onte se someteu a consulta carecía de todos estes requisitos.

Na votacion que se fixo no mes de marzo, promovida por tódolos sindicatos para decidir se o Comité baixaba na súa proposta retributiva dos 190 euros, e que os catro gañaron, partiparon 1490 funcionaros/as, e entón si lles valeu o resutado e diron por boa a particiación. Agora que eles mesmos fan as normas, sen deixarnos participar no súa oraganización, nin no reconto parecelles pouco que participaran 1613 compaeiros/as. Si querian máis participación puideron deplazarse as vilas a recoller o voto, cousa que non fixeron. Queixanse realmente da participación ou do resultado?

Ampáranse tamén en que se lle impediu o exercicio do voto a compañeiros que quixeron votar “si”, pero non teñen en conta que moitos dos que non aproban a súa actitude negáronse a participar no que consideraban unha farsa, non querendo dar cobertura a estas prácticas por consideralas simplemente unha “representación circense” e que se exercesen o seu voto este sería un rotundo “NON”

Rexeitamos firmemente as acusacións, emitidas dende a Xunta de Galicia e dende eses catro sindicatos, sobre a intimidación e coaccións aos compañeiros/as que quixeron exercer o seu dereito ao voto, isto é totalmente falso. Os únicos reproches por parte do colectivo son os que se dirixiron aos catro sindicatos polos que se consideran traizoados. Manter esta farsa e querer deslegitimar o resultado da votación demostra unha vez máis o talante da Xunta e a súa forma de xestionar o conflito na xustiza galega.

Dirixiron acusacións moi serias cara aos sindicatos que non entramos no seu xogo sucio, chamándonos antidemocráticos e acusándonos de non querer que o colectivo se manifestase nunha votación e, agora que o resultado nin lles gusta nin lles apoia, tratan de restarlle validez ameazando mesmo con impugnalo.

Do mesmo xeito que fixo a Xunta de Galicia ata agora, eses catro sindicatos comezan a poñer en marcha o mecanismo de desprestixio daqueles que non nos sometemos á vontade da Xunta e para iso utilizan as súas mesmas malas artes. Agora sabemos que se entenden moi ben, mesmo ata o punto de compartir manobras como a de retorcer a verdade, falseando a información ao seu antollo para mostrala baixo a lente dos seus intereses que xa temos claro que non son os do colectivo ao que dicían representar.