sábado, 24 de marzo de 2018

46 DÍAS DE FOLGA INDEFINIDA.

Sí, xa van 46, e estos días estamos vendo como a Xunta interpreta a súa maneira os resultados da votación do pasado mercores, e mentras tanto a prensa segue facendose eco das súas manifestacións claramente dirixidas o desalento e a división. 

Apostaron porque nos consumísemos na nosa propia folga, apostaron porque o colectivo se afogase nas súas propias reivindicacións e decidiron deixar pasalo tempo como instrumento para chegar ao seu obxetivo, desmovilizarnos.

Son tan necios que están a espera de que a Semana Santa, e a nómina deste mes, lles axuden no seu plan desmoralizante e desmotivador, pensan que nos imos a render ao ver os descontos, pensan que nos van a temblar as pernas cando, encarando os dous meses de movilizacións, entremos no mes de Abril en folga, pensan que nos amedrentan cando falan de ofertas inamovibles.

Ese é o seu plan, esa a súa vontade para terminar o conflicto, aplastar a rebelion a base de dilatar os tempos e a negociación, de ceder pouco ou nada, de mentir moito ou máis, de usar a chulería, a prepotencia e a arrogancia como armas de desánimo e de abatemento.

Non lles vai a  servir de nada esa estratexia.

Nunca pensaron que a nosa unidade e a nosa resistencia ía a levarnos tan lonxe, nunca pensaron na forza imparable dun colectivo maltratado, humillado, desprezado e ferido na súa dignidade, e ese erro débeno pagar, imosllo facer pagar, non o dubidedes.

A RESISTENCIA É A SOLUCIÓN!!!.