lunes, 15 de enero de 2018

STAJ solicita a cobertura mediante substitucións das prazas desocupadas cando se resolvan as comisións de servizo dos novos xulgados

A poucos días da entrada en funcionamento dos órganos de nova creación e despois de varias peticións feitas por STAJ, tanto de forma escrita como de palabra nas diversas reunión mantidas coa Dirección Xeral de Xustiza, sen que esta se pronunciase ao respecto,  desde STAJ voltamos a reiterar a petición de que as prazas que non sexan ocupadas polo sistema de comisión de servizo sexan ofertadas a funcionarios titulares para a súa cobertura mediante o sistema de substitución, e as que non resulten ocupadas nin por Comisión de Servizo nin por Substitución se cubran por persoal interino, todo isto ata que se oferten no próximo concurso de traslados e sexan adxudicadas de forma definitiva. 
Do mesmo xeito e respecto ás prazas que resulten desocupadas porque os seus titulares sexan adscritos a unha dos Xulgados de nova creación en comisións de servizo solicitamos igualmente que sexan  ofertadas para a súa cobertura primeiro a funcionarios de carreira mediante o sistema de substitución, xa que a Resolución do 7 de maio de 2008 que regula as sustitución determina as comisións de servizo de forma directa como unha das situacións na que se cubrirá por este sistema.
E as prazas que non resulten ocupadas neste caso por Substitución deberán cubriranse por interinos.

ver escrito presentado