viernes, 19 de enero de 2018

STAJ logra a execución das extensións de sentenza sobre cotizacións de Seguridade Social do persoal interino

INFORMACIÓN SOBRE OMISIÓNS NAS COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL ANTERIORES A AGOSTO DE 1990

Como sabedes, os nosos servizos xurídicos han levado numerosas reclamacións sobre falta de cotización de determinados períodos á Seguridade Social de persoal interino, conseguindo as extensións de sentenza que iniciaramos.

A pesar de lograrse as extensións de Sentenza, a Seguridade Social está a poñer obstáculos para a execución do acordado polo Xuíz. Finalmente, os nosos servizos xurídicos han esixido o cumprimento dos autos de extensión nos seus termos e o Xuíz ordenou á Seguridade Social a execución, obrigándoa a computar os períodos non cotizados, a efectos de pensión de xubilación, ante o cal, a Administración non tivo outro remedio que cumprir. Nestes días os nosos afiliados están a recibir xa a notificación deste acordo de cumprimento por parte da Seguridade Social.

Ante isto, desde STAJ volvemos a esixir ao Ministerio de Xustiza e á Seguridade Social que solucionen todos os casos aínda pendentes sen necesidade de continuar xudicializando o asunto, colapsando os xulgados e tribunais con trámites de execución forzosa que deberían ser innecesarios. Lembremos, ademais, que este punto é un dos que aínda están pendentes de cumprir do acordo de decembro de 2015 co Ministerio de Xustiza, polo que xa non caben máis escusas para proceder ao seu INMEDIATO CUMPRIMENTO E RECOÑECEMENTO DE TODOS OS PERÍODOS TRABALLADOS E NON COTIZADOS.

Sen dúbida trátase dun gran logro, e demostra que cando os dereitos dos funcionarios son pisados, hai que actuar en consecuencia, acudindo se é preciso aos Tribunais para logralo, así o entendemos desde STAJ e así o facemos cando xa non queda outra vía.