miércoles, 20 de diciembre de 2017

Novo recorte de dereitos da DXX

Encontrámonos unha vez máis ante un novo recorte de dereitos da DXX respecto á suspensión unilateral que quere facer a DXX do artigo 10 da  Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 12 de febreiro de 2014, donde temos a posibilidade de que, mediante un sistema de compensación de horas realizadas de xeito voluntario no horario flexible, poidésemos acumular un número de horas equivalente a tres xornadas laborais e, en consecuencia, a posibilidade de desfrute de ata tres días completos de libranza. A Xunta xustifícase en que estase a tramitar no Congreso dos Deputados a modificación da Lei orgánica 6/1985 que, entre outras, recolle a recuperación de todos os días de permiso por asuntos propios que tiñamos antes dos recortes, é dicir, 9. (Actualmente só temos 6). Pero a realidade é que o único que pretende a DXX con esta suspensión unilateral da bolsa de horas, é perxudicar unha vez máis os funcionarios de xustiza de Galicia.

Hai que ter en conta o acordo asinado o 18 de decembro de 2015 e publicado en BOE o 22 de xaneiro do 2016, entre o Ministerio de Xustiza e os sindicatos representativos na mesa sectorial de Xustiza STAJ, CSIF, CCOO, y UGT, lembramos que este acordo permítenos recuperar dereitos que nos eran confiscados baixo o falso pretexto da crise económica, sendo un dos puntos deste acordo a recuperación de todos os días de permiso por asuntos propios que tiñamos antes dos recortes, é dicir, 9 días.

Cabe destacar que neste acordo inclúese unha claúsula segundo a cal o Ministerio trasladará ás CC.AA. estes acordos no seo da Conferencia Sectorial de Xustiza, para que estas adopten as medidas oportunas para a súa aplicación. A día de hoxe aínda non nolos devolveron polo que non procede a suspensión que pretende a Xunta de Galicia.

STAJ manifesta, que para o caso de que se aprobe en sede parlamentaria a modificación da Lei orgánica 6/1985, artículo 503, e se nos devolva os 3 días roubados a través da Lei orgánica 8/2012, só a partires dése momento quedaría sen efecto o artigo 10 da resolución da DXX de 12 de febrero de 2014.

Non obstante o anterior, e para o caso de que se pretenda, como parece ser o caso, por esa DXX, suspender a bolsa de horas a partires do 1 de xaneiro, ESIXIMOS DA DXX unha nova resolución na que conste que a bolsa de horas xenerada no ano 2017 e non disfrutada ata este momento, poderase disfrutar ata o día 31 de xaneiro de 2018.