lunes, 18 de diciembre de 2017

Concurso de traslado. Datas exercicios promoción interna

Ante as múltiples consultas que nos trasladan os compañeiros sobre o CONCURSO DE TRASLADOS. Reiteramos que o Ministerio facilitou información na última Mesa celebrada, onde indicou que ata Xaneiro non se publicaría o Concurso de traslados. Sempre a partir do 8 ou 9 de Xaneiro e máis ben na 2ª quincena.

STAJ mantivo que a pesar da intención do Ministerio de axilizar as datas, A PUBLICACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS SERÍA NA 2ª QUINCENA DE XANEIRO MAIS BEN A FINAIS DE XANEIRO. Agora en distintos ámbitos e CCAA están ainformar que se publicará a finais de Xaneiro, tal e como anticipou STAJ

Sobre as datas de cesamentos, o Ministerio non ten información exacta, STAJsolicitou que se fagan escalonadamente como noutras ocasións. Cando o Ministerio nos infórme trasladarémosvolo con urxencia.

Lembrar que: PUBLICÁSENSE LISTADOS DEFINTIVOS, tendo en conta, as correccións e as renuncias que se acepten, (NON son un número elevado). Así mesmo, constan algunhas correccións de instancias que chegaron máis tarde polos fallos de Novas Tecnoloxías e que están dentro de prazo (son poucas en comparación coas instancias presentadas), as cales tamén serán tidas en conta.

Tal como adiantou STAJ hai unhas semanas e salvo modificación de última hora, confírmase que os exercicios de promoción interna celebraranse nas datas inicialmente suxeridas: Xestión o día 20 de xaneiro de 2018 e Tramitación o 21 de xaneiro.