Verificamos
que segue pendente do trámite das firmas.
Non se pode aceptar este atraso pola falta de interese dos que teñen que
asinar os documentos.
Desde
a área correspondente do Ministerio
xestionaron xa a reserva en BOE, coa
intención de publicar unha vez asinado "urxentemente".
Se
se consegue a firma hoxe, podería publicarse o venres, ou sábado. Caso
contrario atrásase unha vez máis á semana seguinte.
Unha
vergoña máis e unha nova falta de respecto ao funcionario de Xustiza. Isto
atrasa as listaxes definitivas e as tomas de posesión. A vida e conciliación
familiar dos funcionarios están pendentes dun trámite de firmas que terían que
realizar hai moitos días.
Os
FUNCIONARIOS ATADOS DE PÉS E MANS SEN PODER ORGANIZAR VIVENDAS, COLEXIOS,
PERMISOS....... polo atraso e POR CULPA DUNHA SIMPLE FIRMA .
Seguirémosvos
informando esperando que tras as denuncias expostas desde STAJ e as queixas
transmitidas dos funcionarios, axilicen dunha vez e publiquen polo menos o Venres ou Sábado.