A continuación
informámosvos do prazo de desfrute dos días de vacacións, tanto días de
vacacións coma días de vacacións soltos (7 días), así como os moscosos e
os 3 dias de acumulación de horas que podemos gozar en xaneiro de
2018, e que son do ano administrativo 2017:
- As vacacións anuais pódense gozar ata o día 31 de xaneiro
do 2018 inclusive.
- Os moscosos correspondentes ao ano 2017 e os 3
días por acumulación de horas pódense gozar ata o día 31 de xaneiro do 2018 inclusive.
Os días soltos de vacacións, -lembrade que neste caso son
ata 7 días-, que podemos gozar de forma autónoma e polo tanto podemos unilos aos moscosos e
aos días de acumulación de horas, non podemos pasarnos do día 31 de xaneiro
para gozalos.
Os días por acumulación de horas tamén se poden unir aos moscosos.