Publicada
o
venres a
Resolución
da Dirección Xeral de Xustiza,
pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de
traballo nos órganos de nova creación na Comunidade Autónoma de
Galicia, lembrar
que hoxe é o primeiro día do prazo
de presentación da solicitude (anexo II) contida na resolución
publicada.
CUESTIÓNS DE INTERESE
Participantes.-
Funcionarios en servizo activo e prestando efectivamente servizos no
seu destino definitivo. Tamén dirixido a funcionarios con destino
fóra de Galicia.
Criterios
de adxudicación.-
Mesmos criterios que nun concurso de traslado: antigüidade e nivel
de galego, en caso de empate decide o escalafón.
Solicitudes.-
Mediante presentación do anexo II ao que se acompañará:
-
Copia cotexada
do
xustificante de coñecemento de língua galega.
-
Informe
do
responsable do órgano, servizo ou unidade de destino do solicitante.
Se o solicitante ten destino fóra de Galicia este informe será do
Ministerio de Xustiza ou do órgano competente da CCAA
correspondente.
Prazo
de presentación.-
Cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación, do 27 de
novembro ata o 1 de decembro, ambolos dous incluídos.
Lugar
de presentación.-
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza (Rúa de
Madrid, 2-4, planta 2ª, polígono dás Fontiñas, 15781 Santiago) e
presentaranse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou en
calquera das formas previstas no Procedemento Administrativo Común
das Administracións Públicas.
Se se remite por correo debe meterse
no sobre a solicitude co selo da oficina de correo.
Importante. Ademais no prazo
de 5 días remitiranse por correo electrónico
(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal)