Na Resolución da Dirección Xeral sobre Servizos Mínimos describinse aquelas actuacións que se consideran que se deben realizar por o persoal que presta ditos servizos. Son a seguintes:
- Aquelas
actuacións que afecten o poidan afectar á liberdade das persoas, como é o caso
das causas con preso.
- Aquelas
actuacións sometidas a prazo perentorio ou a un prazo cuxo incumprimento poida
supor unha perda de dereitos ou un prexuízo de dereitos de carácter
irreparable.
- Medidas
cautelares ou precautorias e rexistro de asuntos
- Actuacións
do Rexistro Civil.
- Así
mesmo, as especiais circunstancias que poden concorrer nos xulgados e
Fiscalías, así como no Instituto de Medicina Legal, que actúan en servizo de
garda fan necesario que os mesmos teñan a consideración de servizos esenciais.