martes, 31 de octubre de 2017

STAJ solicita que se conceda un "moscoso" máis para o 2018.

Por Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos, de aplicación directa aos Funcionarios da Administración de Xustiza en Galicia, no seu artigo 9.8, disponse que “os calendarios laborais incorporarán cada ano natural, e como máximo, un día de permiso cando algunha ou algunhas festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non sustituible polas Comunidades Autónomas, coincidan con sábado no devandito ano”.

En Resolución do 09 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2018, en conexión no art. 45.1, apartado b, do Real Decreto 2001/1983, do 28 de xullo sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, considérase o  día oito de decembro de dous mil dezaoito (Inmaculada Concepción) como día  festivo nacional retribuido, non sustituible e non recuperable.

Tendo en conta que no ano 2018 o día oito de decembro cumpre co disposto en Resolución do 28 de decembro de 2012, SOLICITAMOS que para o ano 2018 téñase en conta o exposto e por xerado un día máis de permiso asuntos particulares, dando as instrucións  necesarias para a súa inclusión no OPAX co fin de que poida ser disfrutado por todos os funcionarios da Administración de Xustiza en Galicia.

ver o escrito presentado