viernes, 27 de octubre de 2017

STAJ informa. Concurso de Traslado

Ante as múltiples consultas realizadas polos distintos compañeiros, despois de dar publicidade das listaxes provisionais queremos lembrar que "esta pendente a publicación no BOE". Están pendentes das firmas e últimos trámites para remitir ao BOE.
A data de publicación aproximada é a finalísimos de Outubro ou máis ben primeiros de novembro.
A partires dese momento colgarase tamen na mesma páxina do Ministerio os Anexos III a fin de que podan ser feitas as alegacións oportunas.

Reiteramos que o Ministerio manifestou desde fai tempo que a súa intención era “resolvelo canto antes” probablemente na 2ª quincena de decembro, en todo caso se poden adiantalo así o farán, vai en función do número de correccións, recordando que o prazo polo que queda conxelado o funcionario é dende a publicación do Concurso non dende a toma de posesión.