O
Ministerio de Xustiza infórmanos que unha vez valoradas na Mesa Sectorial do día 10 de outubro de 2017, e no seu caso
incorporadas, as observacións recibidas ás bases de convocatorias de Xestión,
Tramitación e Auxilio Xudicial da OEP 2016, enviáronse á Dirección Xeral de
Función Pública os textos definitivos para a súa autorización.
O
Ministerio remítenos tamén a actualización do calendario da OEP 2016
correspondente aos procesos selectivos dos Corpos Xerais. Este calendario é
unha orientación inicial, que pode presentar algún atraso en función das instancias presentadas ou doutras
dificultades que puidesen sobrevir.