No día de onte STAJ recibiu unha comunicación da Xefa Territorial de Xustiza pola provincia da Coruña, na que se informa a este sindicato, que trala denuncia presentada por STAJ o día 11 de xullo ver escrito, e reiterada o día 17 do presente mes, ver escrito referida as deficiencias na Audiencia Provincial da Coruña, e que non foron reparadas tralo escrito de 11 de xullo, tales como malos olores nos cuartos de baño e o máis importante de todo as caídas de losetas do teito, infórmanos, que se deu traslado ao servizo de Obras e Infraestructuras Administrativas a efectos de que visiten as deficiencias e se tomen as oportunas medidas. Ver contestación
Dende STAJ alegrámonos, que por unha vez contesten ós nosos requerimentos, dende STAJ estaremos pendientes e vixiantes das reparacións das referidas deficiencias.