A semana pasada remitimos escrito a Dirección Xeral opoñéndonos á acumulación de procentaxes na bolsas de interinos.
Desde o sindicato STAJ non estamos de
acordo coa modificación do artigo 7.1., onde se regulan as porcentaxes
dás bolsas e se acumulan os porcentaxes da bolsa de traballo e a de reserva.
Estamos totalmente en contra e pedimos que se regulen de novo as porcentaxes da
reserva e de traballo separadamente, dado que non é o mesmo ter unha bolsa de
traballo que unha coa suma de ambas.
Segundo a nova redacción as porcentaxes de
reserva desaparecen, é dicir, só se reflícte a porcentaxe para a bolsa de
traballo, xa que se acumúlan os da bolsa de reserva aos da bolsa de traballo,
figurando o total. Desta forma a bolsa de traballo auméntase con a xente que estaba
na bolsa de reserva desde un principio e non a medida que se vaian necesitando.
Podemos valorar a posibilidade de aumentar,
tanto as bolsa de trabalo como a de reserva, nalgúns corpos e nalgunhas
provincias onde as bolsas quedaron sen xente e houbo que chamar a xente doutro
corpo, por exemplo en A Coruña coa bolsa de xestión, non ten xente e hai que
cubrila coa de Tramitación, pero solo en esa corpo concreto e en esa provincia,
e por suposto o aumento debe ser moi inferior o que pretende a Administración.
O problema do
esgotamento das Bolsas ven derivado de manter a
moita xente en suspensión temporal desde o principio da bolsa e seguramente
durante toda a súa vixencia, o que impide renovar e actualizar as bolsas
para que tódolos integrantes poidan traballar no momento en que se lles chama,
esta circunstancia obstaculiza a posibilidade de que as personas integrantes da
bolsa de reserva poidan subir a bolsa de traballo, e as de reserva de reserva
poidan subir a reserva, o que faría que houbera mais personas disponibles en ámbalas
bolsas, facendo mais difícil o esgotamento de xente disponible. Tamén se
deben tramitar con mais celeridade as expulsións que se acorden por renuncia ao
posto de traballo que lles correponde.
Para
acabar con este problema, que nos parece grave, propoñeremos na mesa de
negociación que os integrantes da bolsa en suspensión temporal non poidan
superar nesa situación de xeito ininterrumpido un prazo máximo, superado ese
plazo deberán de ser expulsados da bolsa de forma definitiva.
Ademáis solicitamos que se remita de novo
o borrador coas modificacións que solicitamos neste escrito, antes de
ser convocados para a mesa de negociación que está pendente, e
que será onde terá que consensuarse con tódalas organizacións sindicais.