As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa
reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira
dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando
efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de
preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos
de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme ao Anexo II bis
dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións
entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde
de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a
que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode
consultarse no documento Avisos de desocupación