Publicados
novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura
mediante substitución entre titulares con data 4 de maio de 2017.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución
vertical ou horizontal.
De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal
funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo
activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e
dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados
na norma.
Os
avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente
se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos
de longa duración.
Os/as
interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos
modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No
caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a
ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na
solicitude.
A
información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación
