miércoles, 5 de abril de 2017

Fondo de acción social 2017

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Terán a condición de beneficiarios do referido Fondo de Acción Social:
a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.
b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.
No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Resolución