martes, 4 de abril de 2017

Convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017

No de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 
As datas dos exámenes son as seguintes:

Celga 4: 10 de xuño de 2017
Celga 2: 11 de xuño de 2017
Celga 3: 17 de xuño de 2017
Celga 1: 18 de xuño de 2017