A
Dirección Xeral de Xustiza está a pagar
de oficio a aqueles/as que solicitaron a extensión de efectos, os xuros reconocidos nas sentenzas que condenaron a Administración a devolución da paga
extra de 2012, sempre que esas sentenzas recoñecesen o pago de xuros, non
fai falta reclamalos, que era a nosa intención, avéñense a pagalos
voluntariamente. Esto fanno por aforrarse o traballo de tramitar tanta reclamación e no seu caso o pago das costas do incidente.
Non
coñecemos tódalas sentenzas que se ditaron en Galicia, pero a gran maioria
délas, e todas as ganadas por STAJ, recoñecellen ao actor o pago de xuros por parte da administración, SALVO A DE OURENSE QUE NON
RECOÑECE O PAGO DE XUROS.
Aos
demandantes das sentenzas orixinais lles recoñecen os xuros dende a
reclamación administrativa previa, pero os
xuros dos que solicitaron a extensión de efectos, se recoñecen dende a
presentación da solicitude de extensión, xa non fixo falta reclamación
previa en vía administrativia. Hai
ademáis que ter en conta que as cantidades debidas foron variando segundo foron
pagando a extra en catro partes.
As cantidades que están a pagar oscilan desde os 18
os 35 euros, dependendo da data en que se interpuxo a demanda de extensión, do
Corpo a que pertenzamos, así como dos trienos de cada un, pois todo esto eleva a cantidade reclamada e por suposto os xuros devengados.
Empezaron
a pagar na nómina do mes de novembro pasado e o pagamento completo a todos vai
durar cinco ou seis meses, pois argumentan que lles leva moito traballo
calcular os interese de cada quen e só poden facer unhos cantos cada mes, asi
que estade atentos as nominas dos próximos meses por si vos pagan, si pasados
uns meses non vos pagasen falade cos nosos delegados para reclamar formalmente.