A Xunta de Persoal de
Pontevedra, representada por todas as centrais sindicais presentes na mesma,
tras manter a semana pasada unha xuntanza co colectivo de Auxlios Xudiciais de
Vigo, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Xustiza, solicitando a mellora do
servizo de quendas de atribución de funcións e unha mellor e máis adecuada
retribución, dadas as actuais características do servizo prestado, sen prexuízo
de solicitar a mellora do mesmo co aumento do persoal do servizo de apoio.
Escrito da Xunta de Persoal de Pontevedra
Escrito da Xunta de Persoal de Pontevedra
CONTESTACION DO
DIRECTOR XERAL
O
Director Xeral puxose en contacto con Presidente da Xunta de Persoal de
Pontevedra e en contestación ao escrito remitido onte pola mesma manifestoulle
que : debido as baixas producidas (ou que se poideran producir) nas listaxes de
quendas de atribucións, que se tomou a
decisión de proveer determinadas prazas de interinos de reforzo, adscritos ao
decanato, na Coruña, Pontevedra e Vigo, para tentar paliar esta situación.
Por
parte do Presidente da Xunta de Persoal, indicouselle que, de haber un adscripcion correcta dese
persoal (aínda non temos RPT's e rixe o regulamento anterior) haberia que
facelo, no seu caso, ao servizo de apoio. Todo iso, sen prexuizo de seguir
reiterando a negociación da posibilidade de retirbución diaria ou a
constitución real dos servizos de auxilio ou servizo de apoio con persoal
titular dese corpo