Xa pasaron tres meses desde que STAJ lle pedira por pimeira vez a convocatoria dunha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Xustiza, a propia Administración na reunión constitutiva da Mesa Sectorial de Xustiza, manifestou a necesidade de constituir este Comite en base os resultados electorais das pasadas elecciones sindicais, incluíndo os novos Delegados de Prevención de Riscos, incluso nos mandou un mail no que decia que se ia a constituir en datas próximas, pero solo quedou neso, unha intención.
Fai mes e medio voltamos a pedir a constitución do Comité, porque consideramos que e urxente tratar temas como o do Protocolo fronte o acoso laboral, as reformas e a construcción de varias sedes xudiciais en toda Galicia, as necesidades e deficiencias que moitas edificios xudiciais teñen no eido da prevención de riscos e da saúde laboral, etc, pero a DXX voltou a darnos a calada por resposta.
Esta reunión constitutiva, non solo é necesaria, se non que é unha obriga da Administración, non pode quedarse solo nun formalismo e debese levar un orde do día para tratar temas que son prioritarios e urxentes.
Ver escrito