miércoles, 6 de julio de 2016

Esmola da Xunta: Publicada no DOG a Lei pola que se recupera unha pequena parte do CAT que nos roubaron no ano 2013

No día de hoxe publicouse no DOG a LEI 7/2016, do 1 de xullo, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir de acordo coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, na parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013.
Nesta Lei tamén se acorda que a partir do 1 de xaneiro de 2017 xa non nos descontarán o CAT.

Ver DOG