jueves, 17 de marzo de 2016

STAJ pide que as gardas se paguen en nómina por periodos non por meses.

Dende primeiros de este ano estanse a confeccionar as nóminas dos Funcionarios de Xustiza cun novo programa informático, que trouxo como consecuencia que na nómina do mes de Xaneiro non se abonasen, a moitos funcionarios/as, gardas nin de permanencia nin de disponibilidade, tampouco se abonaron ampliacións de xornada nin novos trienios.
                   
Na nómina do mes de Febreiro si se abonaron algunhas das gardas que se estaban a deber e que se referían ó periodo do último trimestre do ano pasado, e aquí surxe o problema. Con este novo programa as gardas páganse por periodos de meses, e decir, se unha garda de oito días, tanto de disponibilidade como de permanencia, colle  días de dous meses distintos, páganse en dúas veces e en dúas nóminas distintas e partese a cantidade total en dous pagos poporcionais o numero de días de cada mes, o que resulta inadmisible e supón un maior atraso a hora de cobrar e un esforzo a hora de controlar si efectivamente esa garda se pagou correctamente.
                   
No deseño antigo as gardas pagábanse nunha sola nómina, e era o mesmo que o periodo donde se realizaban collese días dun mes ou de dous, señalándose cun asterisco no fondo do documento o periodo que se aboaba. Cremos que ese sistema e moito máis doado de controlar e de mayor axilidade a hora de cobrar, pois pagabanse dunha sola vez as cantidades adeudadas polas gardas e non había prorrateo.