O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asistiu hoxe na sede do Consello Xeral do Poder Xudicial, á entrega dos “Premios á calidade da Xustiza”, onde a nosa comunidade recibiu o Premio polo Proxecto de Expurgo da Documentación Xudicial, como referente da busca da mellora da calidade do servizo público dunha Xustiza accesible.
Os “Premios Calidade da Xustiza”, presididos polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, recoñecen o labor de distintos órganos xudiciais de Barcelona, Castellón, Murcia e Valencia. E, ademais da nosa comunidade, aos gobernos autonómicos de Canarias e Cataluña, á Fiscalía Xeral do Estado, ao Consello Xeral da Avogacía e á empresa Logisman.
vela noticia en eXustiza