miércoles, 16 de marzo de 2016

A Xunta devolverá en abril e setembro o 50% da paga extra de 2012.

Os case 100.000 traballadores da Xunta e as universidades cobrarán este ano a metade que teñen pendente de ingresar da extra de decembro do 2012 que lles retirou o Goberno central. Do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, a Xunta devolverá ese 50 % pendente en dous pagamentos: un 25 % coa nómina de abril, que o persoal ao servizo da Administración autonómica cobrará a finais do mes que vén, e o 25 % restante, na nómina de setembro próximo.
Así llo confirmou ás centrais sindicais o conselleiro de Facenda, Valeriano Martinez, que tamén comunicou que a partir de xaneiro do 2017 o persoal da Xunta volverá percibir íntegras as pagas extras que desde o 2013 cobra sen o complemento específico ou equivalente.
lavozdegalicia.es