miércoles, 2 de diciembre de 2015

EGAP plan formativo 2016. Cursos de linguaxe xurídica.

Dentro da acción formativa da EGAP para  2016, convocaranse 5 edicións de cursos de linguaxe xurídica galega, nivel superior, tal como este sindicato leva pedido por activa e por pasiva e como o propia EGAP se comprometeu conosco a realizar. Agora imos loitar para que estes cursos se realicen a principios de ano e poidan estar rematados para aportar no concurso do ano que ven. 

Para os funcionarios pertencentes á Comunidade Autónoma  de Galicia :
3 edicións con 30 prazas cada unha (90 prazas) .

Para os funcionarios de xustiza que se atopan fora da Comunidade :
2 edicións con 30 prazas cada unha ( 60 prazas)
Todolos cursos realizaranse na modalidade de teleformación.